Friday 03 de May de 2024

A maxia deixa abraiados aos nenos e adultos en Ordes


Os nenos e nenas de Ordes, así como os seus pais, nais e acompañantes adultos, quedaron coa boca aberta despois de ver o espectáculo ‘A chistera máxica’. O programa ‘Unha viaxe pola cultura’ trasladouse onte ata o auditorio da casa da cultura debido a chuvia, rexistrándose un cheo absoluto. Xa de cara a esta tarde a Alameda será o punto de encontro para os que queiran divertirse co número de clown ‘Preséntame un agasallo’.